Redegal e Google organizan en Vigo unha xornada sobre Google Apps
xoves, 3 de maio do 2012
O
Foro da Sociedade da Información do CÃrculo de Empresarios de Galicia (Club
Financiero de Vigo), en colaboración con NCG e Redegal, están a organizar unha xornada para informar sobre as ferramentas de comunicación e
colaboración que ofrece o xigante americano Google, que se celebrará o vindeiro
martes, 8 de maio na sede do devandito CÃrculo de Empresarios en Vigo.
A xornada, que é de carácter público e de balde previa inscrición
na web oficial da organización, está promovida por Redegal, reseller
autorizado de Google Apps para a zona noroeste, e dará comezo a partir das
17:00 horas.
O relatorio leva por nome, Google
Apps. A visión de Google sobre o cloud computing, e contará coa presenza,
entre outros, de Antonio Alonso, director comercial de Google Enterprise para
España, Italia e Portugal.
O evento vai dirixido a emprendedores, empresarios e responsables da área
tecnolóxica das empresas e entidades públicas, que comprobarán de primeira man
as vantaxes de Google Apps á hora de simplificar a configuración, minimizar o
mantemento e reducir os custes dos sistemas de información e administración das
empresas.