Redmi presenta o seu primeiro portátil para gamers
venres, 14 de agosto do 2020
AÃnda que a comercialización de ordenadores portátiles de
Xiaomi fóra de China aÃnda é bastante reducida, resulta interesante ver como o
vindeiro dÃa 17 van pór á venda un novo portátil orientado a gamers
baixo a marca Redmi, ou sexa, que serÃa un portátil de liña económica para
xogar, concepto que pode resultar atractivo para moitos usuarios con orzamentos
limitados.
O Redmi G é un portátil de bastante
potencia que chegará ao mercado a un prezo que parte dos 5.299 iuans (644
euros), prezo moi axustado para un equipo cunhas prestacións válidas para mover
xogos esixentes. Nesta configuración terÃamos un procesador Intel Core i5 de
décima xeración, 16 GB de RAM, 512 GB de almacenamento SSD e unha gráfica
nVIDIA GTX 1650 Ti; por 1.000 iuans máis (765 euros en total) engadirÃamos soporte
de refresco a 144 Hz á súa pantalla de 16,1 polgadas; e como configuración
máxima por 6.999 iuans (850 euros) mellorarÃamos tamén o procesador para contar
cun Intel Core i7 de décima xeración, conformando un equipo moi completo por un
prezo contido.
Este atractivo portátil contarÃa con WiFi 6, Bluetooth 5.1, Gigabit Ethernet, 1
porto USB 2.0, 2 portos USB 3.0, 1 porto USB-C, saÃdas miniDisplayPort 1.4 e
HDMI 2.0, toma para auriculares, altofalantes de grande potencia con soporte
para DTS:X Ultra, teclado retroiluminado, webcam, baterÃa de 55 Wh e
refrixeración Hurricane Cooling 2.0 (con dobre ventilador).
Queda agora agardar para ver se o fabricante chinés atrévese a competir no
complexo sector dos ordenadores para gaming fóra de China.
- A posibilidade de contar cunha pantalla a 144 Hz é un dos grandes atractivos do Redmi G