Remake de balde de Super Street Fighter II HD Remix

luns, 27 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O menú de selección de personaxe do novo remake

¿É posible facer un remake dun xogo que aínda non está no mercado? Pois uns afeccionados aos xogos de loita que toman como base un motor deste tipo de xogos coñecido coma MUGEN decidiron adaptar a súa plataforma para emular o xogo Super Street Fighter II Turbo HD Remix, que chegará en breve para Xbox 360 e PS3, adaptando o clásico deas recreativas á alta definición que permiten as novas consolas de videoxogos.
Como é evidente, a resolución de pantalla do remake baseado en MUGEN non é de alta definición (se limita a 640 x 480 píxeles) pero presenta uns gráficos semellantes aos do novo xogo, polo que pode servir para ocupar momentos de lecer mentres se agarda a que chegue o xogo oficial.
O SSF2T MUGEN Hi-Res Remix se pode descargar de balde da Internet, e aínda está en probas, incluíndo só unha mostra dos loitadores que terá o xogo final (iranse incorporando máis personaxes nas vindeiras versións de proba).
Este curioso xogo conserva a dinámica dos título orixinal, conta cuns gráficos bastante bos, a súa animación é rápida, o son está bastante coidado e, de ter que apuntarse algún fallo a este xogo sen dúbida sería a súa xogabilidade, que aínda que é boa, non se asemella ao clásico de recreativas, polo que pode perder o espírito da saga.


Vídeo promocional do xogo baseado en MUGEN

PUBLICIDADE