Renovan os procesadores dos HP TouchSmart 300 e 600

mércores, 21 de abril do 2010 Marcus Fernández

Os ordenadores todo-en-un con pantalla táctil de HP renóvanse para incorporar procesadores Intel Core i3 e i5, o que supón unha interesante mellora dos HP TouchSmart 300 e 600 (con pantallas de 20 e 23 polgadas) que xa están dispoñibles nos EE.UU. a prezos que parten dos 799 e 1.099 dólares respectivamente.
Pese a ter unha pantalla delgada, o HP TouchSmart 600 tamén integra a tecnoloxía Beats Audio, que permite unha experiencia de son óptima, e tanto este equipo coma o TouchSmart 300 inclúen unha serie de aplicacións optimizadas para o seu uso táctil coma o Paint It! De Corel e o Roxio CinemaNow.

PUBLICIDADE