Réplica dun intercomunicador de Star Trek que serve para VoIP

xoves, 7 de maio do 2009 Marcus Fernández

Aproveitando a inminente estrea da nova película de Star Trek, os afeccionados ao universo de ficción creado por Gene Roddenberry poden mercar unha réplica dun dos intercomunicadores da serie orixinal que en vez de servir coma simplemente coma un elemento decorativo ou de coleccionista, pode operar coma micrófono USB, de xeito que é compatible con aplicacións coma o Skype ou o Messenger para establecer comunicacións de voz dende o PC.
O intercomunicador de Star Trek é unha réplica oficial, que tamén inclúe un altofalante dende o que reproduce 21 efectos de son, control de volume e botón para silenciar o micrófono. Mide 11 x 6,8 x 2,9 centímetros, pesa 140 gramos e ten un cable de 1,8 metros. É compatible con Windows XP SP3, Windows Vista SP1 e Mac OS X 10.5.1. O seu prezo de venda é de 45 dólares (33,78 euros) e parece un trebello electrónico ideal para os afeccionados á serie de televisión que se puido ver hai anos pola TVG e que marcou a infancia e a cultura audiovisual de moitos afeccionados á ficción científica.


Vídeo de presentación deste futurista intercomunicador

PUBLICIDADE