Reprodutor de Blu-ray 3D de alta gama de Philips

mércores, 22 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Cada vez son máis os fabricantes que soben ao carro das 3D, e agora é Philips a compañía que actualiza os seus reprodutores de discos Blu-ray para facelos compatibles co novo formato Blu-ray 3D, estreándose esta liña de produtos co reprodutor de alta gama Philips BDP9600, que aparte de permitir a visualización de películas en alta definición almacenadas en discos Blu-ray, integra tecnoloxías coma o procesado de vídeo Qdeo (que mellora a sensación de profundidade en televisores 3D), son envolvente 7.1, conectividade Wi-Fi N e NetTV para acceder a contidos da Rede, acceso a contidos multimedia en rede a través de DLNA, certificación DivX Plus para reproducir arquivos en alta definición (incluíndo o popular contedor MKV) e un prezo de 599 euros.
Pero Philips non queda nun único dispositivo, e tamén estrearán unha gama de reprodutores da serie 8000 que modifica lixeiramente o seu deseño e prescinde da tecnoloxía Qdeo, polo que debería acadar un prezo máis asumible.

JPEG - 36 KB
O Philips BDP9600 é un reprodutor de Blu-ray 3D de alta gama con completas prestacións multimedia
JPEG - 55.8 KB
Philips quere potenciar a presenza das 3D no salón

PUBLICIDADE