Reprodutor portátil de discos Blu-ray

venres, 23 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Panasonic presentou o primeiro reprodutor portátil de Blu-ray, que cunha pantalla LCD de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, VIERA CAST e compatibilidade con BD Live, que porase á venda en maio.
O reprodutor portátil DMP-B15 permitiría levar a experiencia do vídeo en alta definición a un dispositivo portátil (aínda que a súa resolución diste moito do Full HD), o que entendemos que vai dirixido a consumidores que viaxen con frecuencia e queiran poder gozar das súas últimas adquisicións en Blu-ray, que de contar con acceso á Rede pode acceder aos contidos interactivos de nova xeración para este tipo de discos, así como á funcionalidade VIERA CAST, que achega contidos de servizos web coma Amazon Video-on-Demand, YouTube, Picasa Web Album ou Bloomberg.
A autonomía deste dispositivo é de 3 horas, e de querer gozar dunha auténtica experiencia de alta definición podemos conectar o reprodutor a un televisor a través de HDMI. Tamén conta cun lector de tarxetas SD, o que permite botar unha ollada a fotografías ou vídeos en alta definición captados dende cámaras actuais.
Resulta un tanto abraiante que cando se di que para gozar dunha boa experiencia de reprodución de Blu-ray hai que partir de televisores de 42 polgadas aparezan reprodutores cunha pantalla de 8,9 polgadas para este tipo de discos, como tampouco parece moi lóxico incorporar características propias da Internet nun dispositivo pensado para o seu transporte.

PUBLICIDADE