Reprodutor portátil de iRiver con soporte de MKV a 720p
martes, 19 de xaneiro do 2010
Os últimos procesadores
están a permitir que os reprodutores multimedia portátiles poidan gozar de alta
potencia, de xeito que incluso soporten prestacións avanzadas e formatos
habitualmente limitados á pantalla do ordenador, e dentro deste liña presentan
en Corea do Sur o K1
Smart HD de iRiver, que conta cunha pantalla multi-táctil de 3,5
polgadas cunha resolución de 480 x 320 pÃxeles, baterÃa de 880 mAh que dálle
unha autonomÃa de 18 horas para audio e 6 horas para vÃdeo, lector de tarxetas
microSD, acelerómetro, conexión USB 2.0 e soportando audio en MP3, WMA, OGG,
FLAC, APE, WAV e AC3, imaxes en JPEG, BMP, PNG, GIF e RAW, vÃdeo en MKV (ata
720p), AVI, WMV, MP4, TP, MPG e ASF e incluso subtÃtulos en SRT, documentos
DOC, XLS, PPT, PDF e HTML.
O reprodutor ten un acabado metálico, mide 108 x 62,1 x 12,1 milÃmetros, pesa
120 gramos e véndese en capacidades de 8
e 16 Gb, e con distintas opcións de ampliación que incorporan Wi-Fi e receptor
de televisión dixital terrestre móbil (DMB), de aà que o seu prezo oscile entre
os 229.000 e os 349.000 wons (142,27 e 216,82 euros respectivamente).
- O K1 Smart HD leva á palma da man contidos que antes só podiamos reproducir nun PC