Reprodutores multimedia portátiles con TDT de Energy Sistem
venres, 12 de xuño do 2009
- O Energy 7004 é de cor negra e ten 4 Gb de memoria interna
O 27
de xullo Energy Sistem porá no mercado os seus novos reprodutores
multimedia portátiles da Serie 70, que veñen a ser uns dispositivos de 108 x 72 x
16 milÃmetros e 137 gramos de peso que chegan en dúas versións que difiren en
cor externa e capacidade de almacenamento, pero que ambos inclúen reprodución de
MP3, WMA, WAV, AVI (DivX, XviD), FLV, RM e RMVB sen conversión, contando tamén
con saÃda de televisión e sintonizador de TDT.
O Energy
7004 é de cor negra, ten unha capacidade de almacenamento de 4 Gb e
venderase a 129 euros, mentres que o Energy
7008 é de cor azul e o seu prezo será de 149 euros, aÃnda que ambos
poderán ampliar a súa capacidade de almacenamento mediante tarxetas SDHC de ata
32 Gb. A súa pantalla TFT é de 3,5 polgadas, e tamén integran unha antena
extensible e un altofalante.