Resident Evil 2, 3 e 7 adáptanse a consolas de nova xeración

mércores, 2 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Capcom anunciou que este ano poderemos gozar de tres entregas da serie Resident Evil adaptadas a PlayStation 5 e Xbox Series X|S, de xeito que estes xogos poderanse gozar cuns gráficos cun grande nivel de detalle, tecnoloxía de trazado de raios, alta velocidade de fotogramas e incluso son tridimensional, permitindo así gozar destes títulos como se fosen producións recentes.
Os xogos en concreto son Resident Evil 2, Resident Evil 3 e Resident Evil 7 Biohazard, e no caso de termos algún deles en PS4 ou Xbox One, poderemos gozar dos mesmos en consolas de nova xeración sen custo adicional. De feito, os que teñan algúns deses xogos para PC poderán gozar da nova actualización de balde.
Resident Evil 2 foi un xogo completamente reconstruído, facendo uso do motor gráfico RE Engine, de xeito que pode revivirse este clásico do survival horror cun apartado técnico notable; na mesma liña fixeron máis recentemente unha nova versión de Resident Evil 2, tamén con RE Engin, ao igual que o reputado Resident Evil Biohazard, que foi unha nova aproximación á franquía, que mudou de punto de vista (agora, en primeira persoa), e buscando ser máis terrorífico.

Resident Evil 7 supuxo un cambio moi importante na saga, principalmente a nivel de perspectiva, que este ano poderase gozar con gráficos mellorados

PUBLICIDADE