Resident Evil 2 estreará versión para PS Vita en agosto

venres, 24 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O xogo Resident Evil Revelations 2 tivo un lanzamento un tanto curioso, xa que as súas versións para Xbox One, Xbox 360, PS4, PS3 e PC, antes de comercializarse en soporte físico estreáronse en formato descargable en catro episodios semanais, e aínda que deixou a un lado a plataforma na que naceu a saga (Nintendo 3DS) agora confírmase que si chegar a consolas portátiles, concretamente á PS Vita.
Concretamente Resident Evil Revelations 2 estará dispoñible en formato dixital para PS Vita o vindeiro 18 de agosto, recompilando todo o material publicado nas versións de consolas de sobremesa. Aparte dos 4 episodios principais, a nova entrega tamén incluirá os episodios adicionais titulados The Struggle e Little Miss, nos que afondarase nos personaxes de Moira e Natalia respectivamente (achegando información sobre os mesmos que facilitará que entendamos o seu comportamento na campaña principal).
Esta nova entrega tamén contará co Raid Mode con 15 personaxes xogables (entre os que non faltan Hunk e Albert Wesker) e máis de 200 misións. Tampouco faltará un lote de traxes alternativos para os personaxes que poderán empregarse tanto no modo Historia como no Raid (agás o de Natalia, que só funcionará no modo Historia).

PUBLICIDADE