Resident Evil 2 inspira un teclado Bluetooth con forma de máquina de escribir
venres, 10 de agosto do 2018
Na pasada edición da feira E3 de Los Angeles Capcom anunciou
que o
vindeiro 25 de xaneiro porÃa á venda o seu remake
do clásico Resident Evil 2, de
xeito que teremos de volta o xogo de 1998 co motor gráfico de Resident Evil 7, pero mantendo a vista
en terceira persoa e a meirande parte dos elementos do tÃtulo orixinal, actualizando
principalmente a súa aparencia e xogabilidade sen traizoar o espÃrito de survival horror.
O xogo está captar moita atención, xa que son moitos os seareiros da saga que
teñen un bo recordo das primeiras entregas e queren volver vivir unha
experiencia semellante, de aà que a Capcom non lle trema o pulso á hora de
coidar este lanzamento con edicións do máis tolo, e ao igual que estará
dispoñible unha edición
para coleccionistas que inclúe distintos obxectos dos que o máis destacable
serÃa unha figura de Leon S. Kennedy, agora sorprenden un produto que poderá
mercarse por separado ou coas distintas edicións do xogo, que vén a ser unha réplica da máquina de
escribir que sae no xogo, e que funcionarÃa como teclado Bluetooth e USB.
Este curioso teclado mecánico sen fÃos poderÃa cun ordenador (con Windows ou
macOS) ou incluso cunha tableta (con Android ou iOS), aÃnda que o seu principal
obxectivo é decorativo, e non semella que vaia estar ao alcance de moitos
seareiros da franquÃa de Capcom, xa que o seu prezo de venda no Xapón
é de 81.000 iens (637 euros).
Este produto semella estar moi coidado, de xeito que a panca de retorno de
carro pode empregarse a xeito de tecla de Enter,
e incluso a rosca lateral da platina pode empregarse como desprazamento en vertical,
conseguindo asà replicar o funcionamento dunha máquina de escribir no noso
procesador de textos favorito.
- O teclado pode empregarse con ordenadores persoais e tabletas