Resident Evil 6 contará con máis de 4 horas de vídeo

martes, 10 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Os responsables do desenvolvemento de Resident Evil 6 comentaban, entre outros detalles, que este título contaría unha historia moito máis longa que a narrada en Resident Evil 5, e pese a que esa é a promesa habitual en moitos xogos actuais criticados pola limitada duración do seu modo historia/campaña, desta volta parece estar máis que confirmado, pois o panel británico encargado de marcar a clasificación por idade do xogo publicou que o xogo de Capcom conta cuns 255 minutos de secuencias de vídeo (cutscenes) o que é toda unha garantía de duración nun xogo que pola súa violencia e gore estará recomendado para maiores de 18 anos.
As secuencias de vídeo de Resident Evil 5 ocupaban uns 65 minutos, mentes que a súa entrega anterior contaba con 127 minutos de vídeo, pero a nova entrega da saga parece bastante máis ambiciosa neste ámbito que é só un acompañamento narrativo do xogo en si mesmo (aínda que moi ben integrado na acción polo que puidemos ver nalgúns vídeos de demostración do título), que chegará ás tendas españolas nas súas versións de Xbox 360 e PlayStation 3 o vindeiro 2 de outubro (a versión para PC chegará máis adiante).

Resident Evil 6 contará con moitas máis secuencias cinemáticas que as súas entregas anteriores

PUBLICIDADE