Resident Evil traslada a súa fórmula de éxito ao iPhone

martes, 12 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os seguidores da saga de Resident Evil, trás o último Resident Evil 5 para as plataformas de xogo domésticas poden trasladar esta diversión á palma da súa man grazas ao novo título para iPhone e iPod Touch Resident Evil: Degeneration, que está baseado na película de animación por ordenador do mesmo nome, e que vén a ser unha mestura de xogo de supervivencia e de acción en primeira persoa.
O xogo contrólase mediante un pad dixital virtual en pantalla, aproveitando tamén as características propias do iPhone, de xeito que sacudindo o dispositivo podemos librarnos do agarre de grupos de mortos viventes, mentres que inclinando o trebello podemos recargar a nosa arma para continuar a masacrar aos nosos inimigos.
O prezo de venda deste xogo a través de iTunes é de 5,49 euros.

PUBLICIDADE