RetroCoruña celebra unha 6ª edición express

venres, 7 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Tras varios anos en suspenso, por fin volve RetroCoruña, encontro para afeccionados da informática clásica que na súa 6ª edición trasládase á Sociedade Recreativa, Cultural e Deportiva de Sada na que este sábado de 11:00 a 21:00 horas desenvolveranse unha serie de actividades froito da colaboración entre a Asociación de Usuarios de Informática Clásica, RetroGalaicos e a mencionada Sociedade.
O encontro contará con expositores de RetroGalaicos, MiComputer, Legión Gamer, Geoalex, Aula 360, El Baúl de los Recuerdos, a AUIC e retro ordenadores Orty (as dúas últimas chegadas dende Madrid); unha charla de introdución á historia dos videoxogos e ás ferramentas libras para o desenvolvemento a día de hoxe de xogos retro; un obradoiro de programación básica con ferramentas libres (sendo preciso levar ordenador portátil para poder tirar proveito da actividade); un photocall solidarios de 17:00 a 22:00 horas organizado por Legión 501 (para recadar fondos para a loita contra o cancro); un torneo de Super Smash Bros. para Nintendo Switch e outro de Street Fighter II; e unha charla sobre seguridade e pilotaxe de drons (que terá lugar ás 19:30 horas).
No que ao espazo expositivo se refire, espérase que o máis interesante que se poida ver sexa o material achegado por retro ordenadores Orty (de José A. Ortigueira), que incluirá unha selección de máquinas da RDA Alemá, equipos dos anos 80 que poden considerarse auténticos vestixios da Guerra Fría, e que destacan pola súa estética industrial e a súa robusta construción.

Os equipos que José A. Ortigueira achega a cada edición de RetroCoruña son sempre o máis destacable do evento

PUBLICIDADE