Ribeira ultima os detalles da súa plataforma de ecommerce
mércores, 10 de xuño do 2020
Ribeira
vai avanzar un novo treito no seu itinerario tecnolóxico, un camiño
que se está a fortalecer en plena loita contra a crise da COVID,
poñendo o foco no potencial das ferramentas dixitais para impulsar a
competitividade, a participación-implicación da cidadanía, a
comunicación ou os novos xeitos de producir, vender e traballar.
Este venres 12 de xuño será unha data significativa neste ámbito,
xa que se vai presentar a nova plataforma local de comercio
electrónico, que está a ser ultimada polo Concello.
A cita é ás 21 horas no Auditorio. Será unha xornada para implicar
ao tecido produtivo de Ribeira, polo que se convidou aos negocios
locais a coñecer de primeira man as potencialidades da plataforma.
O
servizo, avanza o Concello, irá destinado a favorecer “a venta
online do empresariado local” e abéirase ás medidas de
innovación tecnolóxica incluídas no marco do Plan Reactiva Ribeira
subscrito o pasado 23 de maio coa fin de paliar os efectos da crise
da COVID-19 no termo municipal.
Aforamento
limitado
Dada
a limitación de aforo (máximo: 80 persoas na actual fase 3),
aqueles comerciantes, hostaleiros e demais empresarios radicados no
municipio interesados en acudir a este acto poden anotarse
previamente no correo electrónico turismo@ribeira.gal ou poñéndose
en contacto telefónico ou por Whatsapp no número 686 587 000.