Rico, a solución de seguridade que aproveita vellos smartphones para gañar prestacións

luns, 13 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Pensando na reciclaxe dos smartphones que tendemos a deixar sen empregar cando actualizamos o noso terminal dende a empresa californiana MindHelix propoñen o aproveitamento do dispositivo para que potencie a súa nova solución de seguridade para o fogar, Rico, un trebello que integra detección de movemento, alarmas de temperatura, monóxido de carbono e fume, sensor de humidade e a posibilidade de controlar outros dispositivos do fogar conectados a un enchufe especial, pero que, de colocarlle o noso vello smartphone no interior poderá aproveitar a súa cámara, micrófono, altofalante, conectividade (Wi-Fi e móbil) e o seu procesador para gañar prestacións, como a posibilidade de ver as imaxes que capte en remoto dende o noso teléfono.
Este curioso trebello véndese a través de Kickstarter por 119 dólares (116,94 euros con gastos de envío incluídos) aínda que non se entregará aos seus mecenas até novembro de 2015, o que podería ser un freo para que consiga os 100.000 dólares que completarían o seu financiamento (do que aínda están lonxe).


Vídeo de presentación de Rico

Este produto pretende chegar ao mercado en 3 cores distintas
Rico pode alertar de numerosso problemas no noso fogar, que van dende intrusos até incendios

PUBLICIDADE