Ricoh presenta unha nova cámara réflex compacta e resistente
xoves, 26 de xaneiro do 2017
Ricoh anunciou a súa nova cámara réflex ultra-compacta e altamente portátil PENTAX KP,
que está pensada para o seu uso en exteriores (é moi resistente ás inclemencias
do tempo) e destaca polo seu sensor CMOS APS-C e a tecnoloxÃa Shake Reduction
II (SR II) que compensa o tremor da cámara median un mecanismo de 5 eixes.
O máis rechamante do sensor CMOS de 24 MpÃxeles da PENTAX KP é que pode
funcionar en condicións de moi pouca luminosidade, sendo capaz
de disparar cun ISO de 819.200, converténdose nunha cámara ideal para as
fotografÃas nocturnas.
Para conseguir que esta cámara fose tan compacto foi preciso un redeseño total
do seu interior, para conseguir unha cámara réflex que fose moi delgada e
conservase un agarre cómodo. Non só consegue soportar bastante ben as agresións
externas, senón que incluso opera a temperaturas de -10 graos centÃgrados.
A pantalla LCD desta cámara pode abaterse, facilitando asà o disparo de
fotografÃas en posicións difÃciles; integra Wi-Fi para poder sincronizar a
cámara cunha aplicación móbil; pode gravar vÃdeo Full HD; e sairá á venda nos
EE.UU. o vindeiro 25 de febreiro a un prezo recomendado de 1.099,95 dólares.