Rise of the Tomb Raider será unha das estrelas do E3
luns, 1 de xuño do 2015
De cara á campaña de Nadal Microsoft quere aproveitar a
posición de privilexio que vai ter a Xbox One, xa que parece que vai ter máis
tÃtulos exclusivos que a PlayStation 4 (que veu como Uncharted 4 adiaba o seu lanzamento até 2016) entre os que están a
destacar Rise of the Tomb
Raider, a secuela do reboot
de Tomb Raider, que será exclusivo
temporalmente para Xbox One e Xbox 360.
Para ir quecendo motores, o xogo estrea
hoxe un novo trailer e presenta a que será a súa cuberta, aÃnda que polo
momento non dan moitos detalles sobre este interesante tÃtulo, remitindo aos
xogadores ao 15 de xuño, data na que terá lugar a presentación de Microsoft
dentro da feira de videoxogos E3, e na que espérase que amosen as moitas
novidades que previsiblemente incorporará este xogo que é de agardar que teña
un apartado gráfico moi coidado, xa que dende Crystal Dynamics xa conseguiron
bastante experiencia coas novas consolas ao desenvolver unha remasterización da primeira entrega das
novas aventuras de Lara Croft.
Novo trailer de Rise of the Tomb Raider