Rock Band 2 xa é compatible cos micrófonos de Lips

luns, 28 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Hai moitos meses que Harmonix prometera unha actualización para o seu xogo musical Rock Band 2 para Xbox 360, que finalmente está dispoñible para a súa descarga, incorporando o modo de audición da Rock Band Network (de xeito que os artistas que están a preparar os seus temas para o Rock Band poderán probalos), permitindo ordenar as cancións polas súas puntuacións en estrelas no modo de partida rápida, descargas en background na Music Store, melloras no soporte de acordes e na sensibilidade das baterías e, finalmente, soporte dos micrófonos sen fíos da Xbox 360.
Deste xeito, os micrófonos de Lips melloran a súa compatibilidade, de xeito que, aparte dos xogos de karaoke da Xbox 360, tamén funcionan/funcionarán en Guitar Hero: Greatest Hits, Guitar Hero 5, Guitar Hero: Metallica, Guitar Hero: Van Halen, Konami Karaoke Revolution, LEGO Rock Band, Rock Band 2, The Beatles: Rock Band, Band Hero e Disney’s Sing It! High School Musical 3: Senior Year.

PUBLICIDADE