Rock Revolution será a resposta de Konami a Rock Band

venres, 16 de maio do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 170.9 KB
O novo xogo fuxe da perspectiva para representar os acordes a tocar

Konami quere sumarse ao éxito dos videoxogos musicais co seu Rock Revolution, que sairá para PlayStation 3, Xbox 360, Nintendo Wii e DS, estando a medio camiño entre Guitar Hero e Rock Band, pois permitirá tocar instrumentos como a guitarra, o baixo e a batería, pero deixando de lado o uso da voz para cantar os temas interpretados. Destacará que a versión de Wii permitirá facer air-drum e air-guitar valéndose dos mandos da consola doméstica de Nintendo (mentres que a versión de DS permitirá o uso de xestos na súa pantalla táctil).
Como tamén fará o Guitar Hero IV, o novo xogo de Konami introducirá un novo tipo de batería que contará con 6 pads e un pedal. É de agardar que as guitarras para consola que xa están no mercado sexan compatibles con Rock Revolution, aínda que non se confirmou nada ao respecto.
O xogo parece que dará máis importancia á representación do roqueiro ao que encarnaremos, que ás notas que deberemos interpretar, pois fuxe da aparencia en perspectiva dos acordes para ter unha aparencia máis plana e, por tanto, que ocupa menos en pantalla, o que podería dificultar o xogo.
Sobre os temas dispoñibles, a versión de DS superará os 20, mentres que o resto de entregas superarán as 40 cancións, das que xa coñecemos as seguintes:

- "All the Small Things" - Blink 182

- "Sk8er Boi" - Avril Lavigne

- "Dr. Feelgood" - Mötley Crüe

- "Bad Reputation" - Joan Jett

- "Joker & The Thief" - Wolfmother

- "Pain" - Jimmy Eat World

- "Paralyzer" - Finger Eleven

- "Somebody Told Me" - The Killers

- "Walk" - Pantera

- "We’’re Not Gonna Take It" - Twisted Sister

- "Magic Man" - Heart

- "Round and Round" - Ratt

- "Pull Me Under" - Dream Theater

- "Highway Star" - Deep Purple

- "Cum on Feel the Noize" - Quiet Riot

- "Dirty Little Secret" - The All-American Rejects

Para ter unha idea de cómo se verán no xogo podemos ver o seguinte vídeo:

PUBLICIDADE