SEGA anuncia o lanzamento de Vanquish o 22 de outubro

venres, 9 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O excelente traballo de Platinum Games con Bayonetta é unha excelente referencia para que o público confíe na nova obra de Shinji Mikami (creador da saga Resident Evil), Vanquish, xogo de acción en terceira persoa que conta cunha ambientación futurista moi lograda e promete chegar ás tendas europeas o vindeiro 22 de outubro, confirmándose que os consumidores que opten pola súa reserva tanto para Xbox 360 como para PlayStation 3 terán acceso á descarga de 3 paquetes de armas exclusivos: unha ametralladora de impulso, unha pistola anti-armadura e un canón láser.
O xogo sitúase nunha estación espacial nun futuro non moi afastado, no que os EE.UU. e Rusia loitas polos escasos recursos enerxéticos do planeta, e no que tomaremos o papel de Sam Gideon, creador de ARS (un traxe que o converte nun supersoldado) e líder dun escuadrón que enfrontarase aos rotos rusos para retomar o control da estación.

PUBLICIDADE