SEGA presenta o PC más rápido do mundo

luns, 27 de decembro do 2021 Marcus Fernández

Para dar a coñecer as súas rebaixas de Nadal en Steam (con descontos de até o 85%) SEGA emprendeu unha orixinal campaña na que presenta o seu ordenador persoal máis rápido do mundo, creado en colaboración con Intel e ASRock e que non presume de superar en desempeño a todos os PC do mercado, senón que a súa velocidade é literal, xa que montárono sobre rodas para facelo correr a 100 quilómetros por hora nun circuíto de carreiras.
Este curioso ordenador persoal ten un procesador Intel Core i9-12900K, 32 GB de RAM en dous módulos de 16 GB de DDR4-3200, 2 TB de SSD e unha gráfica ASRock Radeon RX 6900 XT OC Formula 16GB montados sobre unha placa ASRock Z690M-ITX/ax, e sortearase no Xapón incluíndo 23 xogos de SEGA na tenda dixital Steam.
Queda agora por ver se outras marcas entran na competición e atrévense a presentar ordenadores persoais que vaian máis rápido.

Vídeo promocional do PC máis rápido do mundo de SEGA

PUBLICIDADE