Sacred 2 destaca entre os Xogos con Gold de marzo
venres, 25 de febreiro do 2022
Xa sabemos os
xogos que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox LIVE no mes de marzo,
e continuando coa tónica dos últimos tempos, son tÃtulos pouco importantes, tendo
maior peso os xogos retrocompatibles e deixando claro que a estratexia actual
da compañÃa e atraer aos usuarios até o Xbox Game Pass.
Os xogos para Xbox One de marzo serán The
Flame in the Flood, un roguelike pouco coñecido, e Street
Power Soccer, un xogo de fútbol na rúa que tamén pasou totalmente desapercibido
no seu lanzamento; pola contra, os xogos para Xbox 360 do mes que vén son máis
coñecidos, comezando por Sacred
2 Fallen Angel, un xogo de rol de acción de certo éxito, e SpongeBob’s
Truth or Square, xogo de plataformas do célebre Bob Esponxa que sen
dúbida convencerá aos máis pequenos da casa pese a ser un tÃtulo que o tempo
non tratou precisamente ben.