Sae á venda Let’s Sing 2022

martes, 23 de novembro do 2021 Marcus Fernández

Cumprindo coa súa cita anual chega ás tendas Let’s Sing 2022, xogo musical de Ravenscourt e Voxler con versións para PS4, PS5, Xbox One (compatible con Xbox Series X|S, de aí que poida presumir de ser o primeiro karaoke para consolas de nova xeración) e Nintendo Switch, que ofrece unha listaxe de cancións con 35 éxitos actuais e clásicos que pódense interpretar en solitario ou noutros 7 modos de xogo para até 8 xogadores.
Cómpre salientar que o xogo de karaoke tamén inclúe cancións en español e, aínda que o normal é cantar cun micrófono para a consola, tamén é posible substituílo por unha aplicación móbil (dispoñible para iOS e Android), o que resulta especialmente práctico cando queren sumarse moitos usuarios á competición musical.
O xogo chega con 20 cancións internacionais entre as que figuran éxitos como Jerusalema de Master KG e Nomcebo, Bad Liar de Imagine Dragons, Stupid Love de Lady Gaga, Giant de Calvin Harris, Everybody dos Backstreet Boys ou Ashes to Ashes de David Bowie, aos que súmanse 15 cancións en español dispoñibles como descarga de balde como Todo de ti de Rauw Alejandro, Un Año de Sebastián Yatra, Vida de rico de Camilo, Bichota de Karol G ou Nada sale mal de Aitana.

Tráiler de lanzamento de Let’s Sing 2022

PUBLICIDADE