Sae á venda Quantum Break

martes, 5 de abril do 2016 Marcus Fernández

Un dos grandes xogos reclamo da Xbox One dende o seu lanzamento, Quantum Break, chega finalmente ao mercado, de xeito que xa podemos facernos por 64,99 euros con esta curiosa proposta de Remedy Entertainment, que afástase de títulos anteriores como a saga de Alan Wake para apostar por un formato máis audiovisual, xa que este xogo dá un maior peso á historia que a outros elementos e incluso mestura a acción cunha serie de televisión integrada, o que converte a este título nunha experiencia única que como principal eiva é que chega sen voces en español.
O xogo parte dun accidente que provocou unha rotura do propio tempo á vez que dous homes obtiveron poderes extraordinarios, o que levou a un a poder viaxar no tempo para facer a súa vontade mentres que o outro procura derrotar ao anterior mentres procura reparar o tempo antes de que se desgarre por completo.
O xogo mestura mecánicas de shooter en terceira persoa cunha aventura moi cinematográfica na que non faltan actores como Shawn Ashmore (quen interpreta ao protagonista Jack Joyce), Aidan Gillen (encarnando ao antagonista Paul Serene), Dominic Monaghan, Lance Reddick e moitos outros que participan nos 4 episodios (duns 20 minutos cada un) da serie de televisión inserida no xogo.

Aínda que o xogo teña boas doses de acción en terceira persoa, o seu punto forte é a narración da súa historia

PUBLICIDADE