Sae á venda o libro Los secretos de Hyrule
mércores, 29 de novembro do 2023
- Adrián Suárez Mouriño é o galego autor do novo libro sobre The Legend of Zelda
Adrián Suárez Mouriño, director executivo do grao e mestrado en Deseño e Desenvolvemento de Videoxogos da UNIR e doutor en Narrativa de Videoxogos pola UDC, asà como autor de libros como Sobre Mario, El padre de las almas oscuras e Los secretos de las Tierras Intermedias, ten unha nova publicación relativa á cultura do lecer interactivo, Los secretos de Hyrule, libro que explorara a historia e a mitoloxÃa da saga The Legend of Zelda. O texto pódese adquirir en papel e en formato dixital dende hoxe mesmo, e a súa publicación levounos a conversar co seu autor.
– Que motivou
que decidises escribir un libro sobre Zelda?
– Son varios os
motivos. Por suposto, The Legend of Zelda é unha saga de videoxogos que
estivo o meu carón toda a miña vida, pero o que me interesa dela e que unha
colección de videoxogos que serviu para establecer moitas das ferramentas
narrativas que o videoxogo emprega a dÃa de hoxe. The Legend of Zelda:
Ocarina of Time foi fundamental para construÃr Dark Souls, por
exemplo.
Coa chegada de Breath
of the Wild e Tears of the Kingdom, a saga chegou a un punto de
madurez no que era interesante analizar como conta as súas historias, como
conecta un capÃtulo con outro e cales son todos os segredos da súa historia,
sobre todo aqueles que os videoxogos non contan.
– Non resulta
demasiado complicado narrar tradicionalmente unha historia que normalmente
vÃvese de xeito interactivo?
– Para nada. É o
mais común do mundo que unha mesma historia cóntese en distintos medios. Cada
medio ten os seus recursos narrativos que ofrecen distintos enfoques da mesma
historia. No meu libro ordeno todas as historias que foron contadas de forma
interactiva e as converto nunha única narración. Desta forma, ofrécense novos
enfoques.
– Se algo
podemos ver nos xogos de Zelda é variedade de enfoques, de xeito que puidemos
vivir as aventuras de Link a lombos de Epona, navegando en barco, viaxando en
tren, voando polos ceos... Como casan todas estas aventuras nunha historia
coherente?
– Para
descubrilo, terás que mercar Los Secretos de Hyrule: Más allá de The Legend
of Zelda, jaja. A clave para conectar as historias e fixarse nos valores
estéticos, nas mensaxes que os autores queren dar. Ese é a cola que enfÃa todos
os episodios. Por iso, no meu libro interpreto todos eses detalles e los os
transformo nunha narración completa, dende Skyward Sword até Tears of
the Kingdom.
– As últimas
entregas de The Legend of Zelda están marcar unha aposta máis decidida
por unha narrativa máis tradicional? Quizais é un reinicio para achegarse a
máis a audiencias máis amplas?
– En realidade,
Nintendo leva narrando do mesmo xeito dende Super Mario Bros. Narra o
escenario, os inimigos e as sensacións o percorrer o seu mundo. Tras cada final
de mundo de Super Mario Bros, Toad dábanos unha pista. Aquà temos os
recordos. Pero, en esencia, Nintendo sempre mantivo os seus sinais de
identidade. Iso tamén forma parte de maxia de The Legend of Zelda.
– Que anuncien
que vaian facer unha adaptación para o cine destas aventuras é a culminación da
evolución desta saga? Mandarás copia do teu libro a Avi Arad para que non se
perda en Hyrule?
– EncantarÃame
participar nesa pelÃcula, e oxalá Nintendo empregara o meu traballo para levalo
a gran pantalla. SerÃa un soño feito realidades, pero con saber que con este
libro moita máis xente, grandes e pequenos poderán mergullarse nun mundo tan
máxico como é o de The Legend of Zelda, estarei satisfeito.
E se queren
coñecer de que trata o libro, preséntase na Fnac Coruña o martes 12 de decembro
o presento en Fnac con Pablo GrandÃo, director de Vandal.