Sae á venda un punteiro láser con forma de conector para auriculares

mércores, 23 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Esta semana está a estrearse nos EE.UU. un curioso accesorio para o iPhone, o iPin Laser Presenter, que consiste nun punteiro láser que colócase dentro da entrada de auriculares do móbil, de onde colle a súa alimentación, o que permite que incluso poida controlarse o seu acendido a través dunha aplicación móbil que tamén integra funcionalidades dirixidas ao seu uso durante a realización de presentacións (permitindo moverse entre as páxinas, amosando unha contra atrás para que poidamos saber o que resta da nosa presentación e incluso podendo operar como un rato virtual) sempre que o smartphone estea conectado na mesma rede Wi-Fi que o ordenador dende o que se realice a proxección.
Este cativo e curioso accesorio está á venda por 49,99 dólares (36,27 euros) e cómpre destacar que inclúe un clip para adherilo ao conector de auriculares do iPhone cando esteamos a escoitar música. É compatible con todos os iPhone, incluíndo os novos 5S e 5C con iOS 7.

O iPin Laser Presenter pasa desapercibido dentro do conector de auriculares do iPhone, de onde tamén toma a alimentación




Vídeo de presentación do iPin Laser Presenter

PUBLICIDADE