Samsung Muse: un reprodutor multimedia sincronizable cos móbiles de alta gama de Samsung

luns, 10 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios que conten cun móbil Samsung Galaxy S II/III ou Samsung Galaxy Note/Note II que non queiran cargar co seu terminal telefónico cando van de paseo ou durante a práctica deportiva poden optar por facerse co reprodutor portátil Samsung Muse, que cun peso de pouco máis de 1e gramos e co seu formato de pinza pode vestirse dun xeito cómodo. Entre as súas características estarían os seus 4 Gb de almacenamento, a súa autonomía de ata 6 horas e uns controis táctiles, destacando especialmente por ser compatible cunha aplicación de Android para os móbiles de Samsung que facilita a súa sincronización musical, ou sexa, que podemos seleccionar entre a música que levamos no móbil para trasladala ao Samsung Muse, evitando o uso dun ordenador para tal fin.
O Samsung Muse ten toma de auriculares estándar, permite reprodución continua ou aleatoria (funcionalidade habitual entre os reprodutores musicais sen pantalla) e reproduce os formatos musicais máis habituais (MP3, WMA, FLAC e OGG).

O Samsung Muse pode sincronizarse con varios móbiles de Samsung a través dunha aplicación para Android

PUBLICIDADE