Samsung achega a España un móbil con Android compatible con DivX

xoves, 11 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Samsung Electronics anunciou hoxe o lanzamento oficial en España do móbil Samsung GALAXY Spica (ou i5700) que vén a ser unha revisión do Samsung GALAXY que destaca por ser un dos primeiros móbiles con sistema operativo Android capaz de reproducir vídeo en formato DivX, honra que comparte co LG Eve (ou GW620).
Este terminal de 115 x 57 x 12,9 milímetros, 120 gramos de peso, pantalla táctil de 3,2 polgadas cunha resolución de 480 x 320 píxeles e cámara de 3 Mpíxeles con enfoque automático, conector para auriculares estándar e batería de 1.500 mAh, é coñecido dende o pasado mes de novembro, e finalmente témolo no mercado español por a partires de 279 euros.