Samsung anuncia novas tarxetas de memoria de alta velocidade e resistencia
luns, 20 de febreiro do 2012
En móbiles e cámaras agochamos no seu interior tarxetas de
memoria nas que almacenamos os nosos datos, e das que tendemos a obviar as súas
prestacións, pese a que detalles como a súa velocidade poidan ser cruciais para
accións como a gravación de vídeo en alta definición ou sexan un dos factores
que poden facer que o noso smartphone
funcione cun rendemento reducido. Pero hai outros factores importantes, e dende
Samsung parecen saber telos en conta, de aí que anuncien unha nova serie de
tarxetas SDHC e microSDHC que prometen boas prestacións combinadas cunha
resistencia considerable.
As
novas tarxetas de memoria presentadas por Samsung poden lerse a 24
Mbytes/seg. e, no caso da serie Plus Extreme Speed incluso gravan a 21
Mbytes/seg., polo que satisfarían aos usuarios máis esixentes, ao que habería
que endgadir o feito de que sexa resistentes á auga, a choques e ao magnetismo,
de xeito que sobrevivirían a duras condicións. Para ilustrar esta resistencia
comentan que as novas tarxetas de Samsung poderían aguantar 24 horas baixo a
auga, soportar que lles pase por enriba un vehículo de 1,6 toneladas e resistir
ata 10.000 gauss (comparables a unha resonancia magnética).