Samsung aposta pola facilidade de uso na súa nova videocámara compacta

luns, 3 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Samsung quere facer moi doada a gravación de vídeo en alta definición coa súa videocámara HMX-Q10, que conta cun sensor BSI CMOS e unha interface de uso moi simple para que calquera poida crear os seus vídeos en alta definición con facilidade.
A cámara conta cunha pantalla táctil de 2,7 polgadas, almacena as súas gravacións en tarxetas SD, grava vídeo a 1.080i e toma fotografías a 4,9 Mpíxeles, estando estimado o seu lanzamento para o mes de febreiro a un prezo de 299 dólares (224,25 euros).
Coma novidade, a HMX-Q10 inclúe unha tecnoloxía que adapta a súa pantalla á posición do corpo da cámara, facilitando o seu uso en posturas complicadas. A cámara mide 43,7 x 53,3 x 119,4 milímetros e conta con tecnoloxías de enfoque automático, detección de rostros e incluso a posibilidade de gravar time lapses.

PUBLICIDADE