Samsung confirma que este ano non teremos Galaxy Note
luns, 26 de xullo do 2021
- TM Roh
Samsung convocou aos medios para unha presentación para o
vindeiro dÃa 11 de agosto na que presentarán novos
produtos dos que xa se filtraron case todos os detalles, e o presidente e
director da división de comunicacións móbiles da compañÃa, TM Roh, decidiu
contribuÃr a esta estratexia de adianto informativo confirmando que a familia
Galaxy Z incorporará un móbil compatible con S Pen, dando
a entender que a presentación do Galaxy Z Fold3 colle o relevo da presentación
dos Galaxy Note, que finalmente non verÃan a luz este ano.
Que este ano non vaiamos ver un Galaxy Note ten bastante sentido, pois o
Samsung Galaxy S21 Ultra xa é compatible con S Pen e os problemas de
abastecemento de semicondutores porÃan complicado lanzar un novo móbil insignia
con lapis dixitalizador. Ao incorporar o lapis ao móbil encartable de maior tamaño
de Samsung podemos entender que os incondicionais do S Pen non quedan
abandonados, e terán un terminal digno para a segunda metade do ano.
A incorporación de S Pen a unha pantalla encartable é un avance moi importante,
xa que a punta dun lapis dixitalizador é un elemento moi agresivo, e haberá que
ver como Samsung consegue superar tal atranco, conseguindo facer realidade un
dispositivo que realmente si serÃa merecedor de lucir a marca Note, xa que
serÃa moito máis semellante a un caderno que os anteriores móbiles con tal
nome.