Samsung estrea versión ouro rosa dos seus smartphones insignia
mércores, 20 de abril do 2016
Nos últimos meses estamos a ver como Apple, ao renovar os
seus produtos, incorpora á súa oferta de cores de carcasa a chamada ouro rosa, que continúa a liña
emprendida coa cor ouro que conseguiu callar nun mercado no que cores máis
discretas como o negro, o gris escuro ou a cor prata levaban anos acaparando o
catálogos.
Atendendo a estas novas tendencias, Samsung anunciou hoxe a ampliación da
oferta cromática dos seus Galaxy S7 e S7 edge, que tras as cores negra, branca,
prata e dourada incorpora
agora a cor de moda, ouro rosa, que estréase en Corea do Sur, para chegar
despois a outros mercados internacionais.
Estamos ante o que parece unha copia moi descarada da estratexia de Apple,
aínda que o fabricante surcoreano presenta unha oferta de cores máis ampla,
polo que non debería sorprender que agora ouse a comercializar os seus produtos
nunha cor que, ao ser adoptada pola compañía de Cupertino, levou a que o
público perdese o pudor á hora de levala nos seus trebellos, entendendo que o
ouro rosa da un toque xentil e sofisticado aos deseños metálicos dos
smartphones de alta gama.
- O Samsung Galaxy S7 Edge é un dos smartphones que estrean a nova cor