Samsung estréase no GPS co seu i550

mércores, 17 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O fabricante surcoreano Samsung anunciou esta semana que vai lanzar o seu primeiro teléfono con localización por satélite, o Samsung i550, que funcionará co sistema operativo Symbian e que estará dispoñible en Europa a partires do mes de novembro.
O Samsung, aparte de incluír un modulo GPS, tamén destaca pola súa conectividade (é un móbil cuatribanda con soporte de HSDPA/UMTS/EDGE), ten unha cámara de 3,2 Mpíxeles, 150 Mb de memoria interna, 128 Mb de RAM, unha pantalla de 2,6 polgadas, teclas de atallo, trackball e carga mediante microUSB.
Este anuncio coincide co lanzamento dunha aplicación nativa para dispositivos S60 que lles permite o acceso ó servizo de Google Maps, o que engade atractivo ó primeiro móbil con GPS de Samsung.

PUBLICIDADE