Samsung lanza o seu primeiro lector de e-books

martes, 28 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Aínda que o mercado conta cunha ampla oferta de dispositivos lectores de libros electrónicos, a meirande parte veñen de fabricantes relativamente descoñecidos (agás Sony), polo que resulta bastante interesante a entrada de Samsung neste sector tan competitivo co seu SNE-50K, que conta cunha pantalla táctil de 5 polgadas, ten un grosor de só 9 milímetros, pesa 184 gramos, integra 512 Mb de almacenamento e aínda que non conta con conectividade sen fíos, o compensa cun prezo bastante reducido, xa que véndese en Corea do Sur por 339.000 wons (191,91 euros).
Este lanzamento vén acompañado por un acordo entre Samsung e a cadea de tendas Kyobo, polo que contará cunha ampla distribución. Polo momento non se coñecen os plans de comercialización internacional deste trebello.

JPEG - 51 KB
O Samsung SNE-50K conta cunha pantalla táctil de 5 polgadas

PUBLICIDADE