Samsung lanza un eReader con Wi-Fi e recoñecemento de escritura

xoves, 18 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Despois do fracaso do lector de libros electrónicos Samsung SNE-50K, que vendeu só 3.000 unidades en Corea do Sur, o seu fabricante decidiu reformular o dispositivo e presenta agora o SNE-60K, que mellora a súa pantalla ata un tamaño de 6 polgadas, con superficie táctil con recoñecemento de escritura, conectividade Wi-Fi e Bluetooth, reprodución de MP3 e un prezo de 429.000 wons (274,59 euros), polo que podería trunfar onde errou o seu predecesor, aínda que, como acontece no caso español, a ausencia de contidos para este tipo de dispositivos (só hai dispoñibles uns 65.000 e-books en coreano e os super-vendas non están dispoñibles en formato electrónico) supoñen un claro atranco para a consolidación deste tipo produto.

PUBLICIDADE