Samsung leva os seus GALAXY Note ás 8 polgadas

luns, 25 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Aínda que ao falar do GALAXY Note de Samsung normalmente entendemos que é un tabletófono, a marca Note serve para designar que estamos ante dispositivos que poden manexarse cun punteiro S Pen, incluíndo tamén tablets na familia, como o novo Samsung GALAXY Note 8.0, que onte deuse a coñecer en Barcelona e consiste nun tablet con pantalla de 8 polgadas cunha resolucíón de 1.280 x 800 píxeles e sistema operativo Android 4.1.2 que parece querer converterse na principal alternativa ao iPad mini.

JPEG - 160 KB
O Samsung GALAXY Note 8.0 resulta atinado para o consumo de contidos

O novo tablet funciona cun potente procesador A9 de catro núcleos a 1,6 GHz, 2 Gb de RAM, 16/32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb), Wi-Fi N, Blueooth 4.0, USB 2.0, GPS, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, batería de 4.600 mAh e conectividade móbil opcional, destacando neste último elemento por ser capaz de realizar chamadas telefónicas (polo que poderiamos velo como un tabletófono xigante).
Aínda non se coñece o prezo deste dispositivo de Samsung, e teremos que agardar ao segundo trimestre do ano para poder velo nas tendas.

PUBLICIDADE