Samsung podería lanzar en breve un smartphone con Android e teclado QWERTY

mércores, 2 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Non todos os móbil con Android optan por grandes pantallas táctiles como método de entrada de datos, senón que algúns como o Samsung GALAXY Pro que veu a luz en 2011 incluían un teclado QWERTY semellante ao empregado nos terminais BlackBerry, e recuperando tal fíltranse agora imaxes do Samsung GT-B7810, que sería o sucesor do mencionado móbil surcoreano, incluíndo desta volta o sistema operativo Android 4.0.4, o que supón unha actualización que debería ser ben recibida, aínda que sen pretender grandes alardes de potencia.
O novo smartphone de Samsung funcionaría cun procesador de un núcleo a 1 GHz, pantalla de 480 x 360 píxeles, teclado QWERTY, Bluetooth 3.0, Wi-Fi N, cámara traseira, toma de auriculares, lector de tarxetas microSD e batería de 1.200 mAh. É de agardar que vexa a luz durante a celebración do CES de Las Vegas ou do Mobile World Congress de Barcelona.

O novo móbil conservaría o formato do Samsung GALAXY Pro

PUBLICIDADE