Samsung pon á venda o seu smartphone con cámara reversible
mércores, 10 de xullo do 2019
Cando no mes de abril presentouse
a nova familia de teléfonos Galaxy A sorprendÃa especialmente o Galaxy A80
por presentar unha pantalla Infinity Display de 6,7 polgadas sen pestana
superior ou orificio para a cámara frontal, xa que prescindÃa de tal elemento
para empregar un mecanismo que fai reversible a súa cámara traseira tripla,
converténdose posiblemente no smartphone mellor dotado para a toma de selfies
e autogravación de vÃdeo.
Despois de varias semanas sen saber deste orixinal dispositivo, por fin témolo
aquÃ, é xa é posible mercar o Samsung
Galaxy A80 en España a un prezo recomendado de 669 euros, o que resulta
sorprendente por ser un terminal da familia Galaxy A (o resto de terminais da
serie móvense entre os 169 e os 359 euros), pero que serÃa toda unha
declaración de intencións, dando asà a entender que é un móbil que busca ser
rechamante e non quere que a súa arriscada proposta teña a consideración de barata.
O Galaxy A80 non só ten unha cámara tripla cun sensor principal de 48 MpÃxeles,
un ultra grande angular de 8 MpÃxeles e unha cámara de profundidade 3D, senón
que tamén pode presumir de baterÃa de 3.700 mAh con carga ultrarrápida de 25
watts, procesador de 8 núcleos, 8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento e lector
de pegadas dixitais en pantalla e NFC, polo que serÃa o Galaxy A que máis se aproxima
en prestacións a un Galaxy S, polo que poderÃa converterse nun dispositivo de
moda entre certos perfÃs de influencers.
VÃdeo promocional do Samsung Galaxy A80