Samsung presenta as primeiras tarxetas de memoria UFS, posibles sucesoras das microSD
xoves, 7 de xullo do 2016
Non só é importante a carreira pola capacidade de
almacenamento nas tarxetas de memoria, senón que agora que se traballa con
vÃdeo en ultra alta definición e de 360 graos a velocidade é cada vez máis
crÃtica, e para innovar neste ámbito Samsung Electronics desvela
hoxe as súas novas tarxetas co estándar Universal Flash Storage (UFS)
de JEDEC que en capacidades de 256, 128, 64 e 32 GB supoñen unha importante
mellora de rendemento para os sistemas de almacenamento externo.
Mentres as tarxetas microSD ordinarias conseguen velocidades de lectura
secuencial de 530 Mbytes por segundo, comparable ao que conseguen a meirande
parte das unidades SSD SATA que usamos nos nosos equipos informáticos, coas
tarxetas UFS os consumidores poderÃan ler unha pelÃcula Full HD de 5 GB nuns 10
segundos, mentres que a unha tarxeta microSD UHS-1 levarÃalle uns 50 segundos.
En lectura aleatoria as tarxetas UFS poden funcionar até 20 veces máis rápido
que as tarxetas microSD habituais.
En velocidades de escritura tamén se compartan moi ben, e as tarxetas UFS de 256
GB poden gravar até 170 Mbytes por segundo, dobrando a velocidade das tarxetas
microSD de alto rendemento, o que agradecerán especialmente os profesionais da
imaxe.