Samsung presenta monitores secundarios para portátiles

luns, 9 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Cando conectamos un ordenador secundario a un ordenador portátil atopamos un efecto sumamente incómodo, que é un desnivel de altura tremendo entre a pantalla principal do portátil e o monitor externo que lle conectamos para estender o escritorio, polo que Samsung presentou os seus monitores LD190G e LD220G de 19 e 22 polgadas e cunha resolución de 1.360 x 768 píxeles que se poden colocar á mesma altura que a pantalla do portátil e que incluso poden abaterse entre 10 e 30 graos, o que facilita a súa integración.
Estes monitores teñen unha velocidade de resposta de 4 milisegundos e unha relación de contraste dinámico de 20.000:1. O modelo de 19 polgadas comezarase a vender por 229.000 wons surcoreanos (uns 128 euros).

PUBLICIDADE