Samsung presenta novos móbiles con Android

martes, 15 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Estes días está desembarcado nos distintos mercados europeos o impresionante Samsung Galaxy S, móbil surcoreano con sistema operativo Android 2.1 que podería considerarse un dos poucos rivais dignos do iPhone 4, de aí que o seu fabricante prepare a ampliación da súa familia, e presenta en CommunicAsia 2010 o Galaxy Beam (móbil que funciona tamén con Android, pero que destaca por ter un proxector de vídeo integrado), o Galaxy 3 (que poderiamos consideralo coma un irmán pequeno do Galaxy S por ter unha pantalla de 3,2 polgadas) e o Galaxy 5 (que sería o terminal de gama baixa, con pantalla de 2,8 polgadas cunha resolución de só 240 x 400 píxeles).
De todos os xeitos, Samsung non deixa de lado outras plataformas, e tamén incorpora ao seu catálogo os móbiles Wave 2 e Wave 2 Pro (baseados en Bada) e os Omnia Pro 4 e Omnia Pro 5 (baseados en Windows Mobile 6.5).

PUBLICIDADE