Samsung presenta novos portátiles da familia Galaxy Book
xoves, 29 de abril do 2021
Samsung está a preparar toda unha nova xeración de
portátiles da familia Galaxy, que caracterÃzanse por aproveitar o coñecemento
da compañÃa surcoreana no sector móbiles para conseguir equipos máis prácticos
en mobilidade, e que teñen un abano de prezos moi amplo, de xeito que os
consumidores teñen unha boa ofertan entre a que escoller.
Para unha experiencia informática móbil básica temos o Galaxy
Book, equipo cun procesador Intel Core de 11ª xeración, pantalla Full HD de
15,6 polgadas, entre 4 e 16 GB de RAM, até 512 GB de SSD, conectividade
Bluetooth 5.1, Wi-Fi 6 e 4G, lector de impresións dixitais o botón de acendido,
unha baterÃa de 54Wh con carga de 65 watts), un grosor de 15,4 milÃmetros e un
peso de 1,59 quilogramos, que busca atender aos usuarios menos esixentes, de aÃ
que o seu prezo vai partir dos 549 dólares (100 euros máis na versión con 4G),
polo que probablemente esteamos ante un equipo moi competitivo, aÃnda que queda
por ver o prezo final que terá en España.
Para usuarios máis esixentes xa terÃamos o Galaxy
Book Pro, con pantalla Full HD AMOLED de 13,3 ou 15,6 polgadas, procesador
Intel Core i5/i7 de 11ª xeración, 8/16 GB de RAM, até 1 TB de SSD, gráfica Iris
X ou nVIDIA GeForce MX450, lector de impresións dixitais o botón de acendido,
Bluetooth 5.1, Wi-Fi 6, 4G, baterÃa de 63/68 Wh con carga de 65 watts, e un
peso que arte dos 870 gramos para o modelo con pantalla de 13,3 polgadas e
chega aos 1,15 quilogramos para o modelo con pantalla de 15,6 polgadas. O prezo
do modelo con pantalla de 13,3 polgadas parte dos 999 dólares (1.099 dólares
con LTE) e de 1.099 dólares no caso do modelo con pantalla de 15,6 polgadas. Un
equipo que parece chamado a competir cos portátiles de Apple, xa que combinan
deseño e boas prestacións, aÃnda que chegan con vantaxes relativas á conectividade
e ao prezo.
Como un pequeno xiro teriamos tamén os Galaxy Book Pro 360, que serÃan unha
revisión dos anteriores incorporando unha pantalla táctil xiratoria compatible
co S Pen, de xeito que serÃa un convertible que partirÃa dos 1.04 quilos na
versión de 13,3 polgadas e dos 1,39 quilos na versión de 15,6 polgadas, polo
que serÃan bastante manexables para o seu uso realizando anotacións ou facendo
ilustracións. Nesta ocasión o modelo con pantalla de 13,3 polgadas parte dun
prezo de 1.199 dólares (1.399 dólares no caso da versión con 5G) e o modelo con
pantalla de 15,6 polgadas partirÃa dos 1.299 dólares. Desta volta poderiamos pensar
que Samsung busca ser alternativa aos Surface de Microsoft.
En todo caso falamos de portátiles bastante competentes, con deseños coidados e
detalles que farán que Samsung sexa un fabricante á hora de adquirir un
portátil cando a mobilidade sexa un factor importante.
- Os Galaxy Book son os equipos de partida dunha gama que se adapta a moitos perfÃs de usuario