Samsung presenta o Notebook 7 spin buscando unha grande versatilidade
xoves, 23 de xuño do 2016
O vindeiro dÃa 26 Samsung vai pór á venda nos
EE.UU. a 799,99 dólares un atractivo portátil, o
Notebook 7 spin, que chegará con pantallas de 13 e 15,6 polgadas e con
Windows 10, sistema operativo para o que está especialmente deseñado, xa que
ten unha pantalla táctil Full HD de 360 graos (ou sexa, que a súa tapa pode
abaterse completamente para poder empregar o equipo como un portátil tradicional
ou a xeito de tableta.
O Notebook 7 spin pode configurarse con procesadores Intel Core i5 ou i7, até
12 GB de RAM e 1 TB de disco duro (con opción de engadirlle unha unidade SSD de
128 GB); conta cunha baterÃa con carga rápida que en só 20 minutos de carga
pode ampliar a autonomÃa nun par de horas e que pode cargarse completamente en
menos de 100 minutos; o seu teclado ten unha boa ergonomÃa e está
retroiluminado para facilitar o seu uso en condicións de baixa luminosidade; e
incluso integra un modo de VÃdeo HDR, que presente os contidos en pantalla dun
xeito máis nÃtido e con cores máis vivas, buscando asà favorecer a reprodución
audiovisual. O modelo cun procesador Core i5 ten 8 GB de RAM e gráfica
integrada, mentres que o
modelo con procesador Core i7 ten 12 GB de RAM e unha gráfica nVIDIA 940MX.
Tamén conta con saÃda HDMI, 1 porto USB-C e 3 portos USB-a (dous 2.0 e un 3.0)
e incluso conta con porto Ethernet no modelo de 15,6 polgadas. Un equipo moi a
ter en conta para o que busca versatilidade nun equipo portátil.
- O Samsung Notebook 7 spin pode empregarse a xeito de tableta ao abater a súa pantalla