Samsung presenta o seu ultraportátil cunha autonomía de 11 horas

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os ultraportátiles de baixo custe están a avanzar considerablemente nas súas características, non limitándose a incluír maiores discos duros ou pantallas de máis dimensións, senón que Samsung vai máis aló, e presenta os seus modelos N130 e N140 cos que promete autonomías de 7 e 11 horas respectivamente.
Estes equipos serían unha versión actualizada do popular Samsung NC10, o que resulta bastante evidente ao ver as características do Samsung N130, que funciona cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, 160 ou 250 Gb de disco duro, Wi-Fi, Ethernet, pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles e unha batería de 3 ou 6 celas, custando uns 350 euros o seu modelo superior.
O Samsung N140 tería practicamente as mesmas características, e contaría adicionalmente con conectividade Bluetooth 2.1, webcam de 1,3 Mpíxeles e unha batería de 6 celas que coa súa capacidade de 5.900 mAh conseguiría a prometida autonomía de 11 horas.
Os equipos poden adquirirse co sistema operativo Windows XP (se inclúen un disco duro de 160 Gb) ou con Windows 7 (para disco duro de 250 Gb).

PUBLICIDADE