Samsung presenta o seu primeiro monitor 5K
luns, 2 de xaneiro do 2023
Samsung
vai levar unha serie de monitores ao CES de Las Vegas entre os que chama
poderosamente a atención o ViewFinity S9, xa que o feito de que sexa unha
pantalla 5K de 27 polgadas e estea optimizado para profesionais creativos
(deseñadores gráficos e fotógrafos) fai pensar que estamos ante un competidor
directo do Studio Display de Apple.
Que o monitor conte con conexións USB-C e Thunderbolt 4 reforza o feito de que
esteamos ante un monitor orientado a usuarios de Mac, aínda que inclúe elementos
que permítenlle diferenciarse bastante do Studio Display, como que integra
Samsung Smart Hub, ou sexa, que pode executar aplicacións propias dun Smart TV
de xeito nativo e incluso ten unha cámara web 4K SlimFit compatible con
aplicacións como Google Meet (integrada no Smart Hub).
O Samsung ViewFinder S9 ten unha pantalla mate que limita os reflexos de luz e
os brillos que poden resultar molestos para traballar con imaxes, e tamén conta
coa aplicación Samsung Smart Calibration, que facilita un bo auste do balance
de brancos, a gamma e o balance de cor RGB para con seguir unha grande precisión
de cor.
Aínda non se desvelou o prezo que terá este monitor, pero se temos en conta que
o Studio Display de Apple con pantalla de vidro nanotexturizado parte dos 2.029
euros podemos entender que Samsung ten bastante marxe para poder comercializar
o seu novo produto a un prezo competitivo.