Samsung presenta un móbil con sirena de 100 dB
mércores, 25 de febreiro do 2009
Samsung presentou o seu móbil
SPH-W7100, que sorprende por incluír unha funcionalidade sen
precedentes: unha sirena de alarma que emite un asubío de ata 100 dB (que se
podería escoitar ata a uns 70 metros de distancia) e que tamén avisaría aos
servizos de emerxencia remitindo a posición rexistrada por GPS.
O Samsung SPH-W7100 tamén inclúe iluminación LED externa personalizable para
darlle unha aparencia distinta ao terminal. Este sistema de iluminación tamén
pode empregarse en combinación co recoñecemento de chamadas, de xeito que se
iluminará de forma diferente segundo a persoa que nos chame (ou distinguindo a
recepción dun SMS, unha alarma programada ou o espertador integrando).
- A iluminación LED exterior dota de personalidade ao terminal de Samsung