Samsung presenta un monitor de 23 polgadas con resolución QWXGA
xoves, 6 de novembro do 2008
Nos últimos meses a alta
definición estase a normalizar nos escritorios informáticos, con pantallas con
resolucións de 1.680 x 1.050 pÃxeles (equivalente a HD Ready) ou 1.920 x 1.200 pÃxeles (equivalente a Full HD), pero estas caracterÃsticas
están claramente orientadas a un público doméstico que realice consumo
audiovisual, mentres que o sector profesional pode ter maiores esixencias, de
aà que Samsung
presente o seu monitor 2342BWX, que en só 23 polgadas (que serÃa o
equivalente en superficie a dous folios) consigue unha impresionante resolución
de 2.048 x 1.152 pÃxeles, ou sexa, que poderÃa conter nun tamaño relativamente
reducido moita información, contendo o seu prezo nuns 230 euros (no mercado surcoreano).
Este tipo de pantallas (que equivalen en resolución a dúas pantallas estándar de
4:3) están pensadas na mellora da produtividade, xa que permiten presentar en
pantalla distintas aplicacións ao mesmo tempo, facendo máis doado o intercambio
de información entre as mesmas e o seu uso simultáneo (non é preciso movelas ao
primeiro plano constantemente para acceder ás mesmas). Tamén facilitan
o acceso á barra lateral de Windows Vista.