Samsung presenta un novo chip para ler impresións dixitais en tarxetas

martes, 25 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

Como un xeito de incrementar a seguridade dos pagamentos con tarxeta Samsung presenta un circuíto integrado (S3B512C) con lector de impresións dixitais, que destaca fronte a solucións anteriores por agrupar os seus distintos elementos nun único chip, o que supón unha maior seguridade e un proceso de fabricación máis sinxelo.
Aínda que este circuíto integrado con lector de impresións dixitais estea orientado principalmente para tarxetas bancarias (que no caso de roubo non poderían empregarse por terceiros, xa que a identificación non a realizan mediante PIN, senón coa impresión dixital), tamén pode empregarse para tarxetas que precisen dun bo nivel de seguridade para, por exemplo, facilitar o control de acceso a unha instalación.

PUBLICIDADE